Thursday 02 de May de 2024

Paderne adianta o seu día grande de Entroido ao luns cunha gran festa na Carpa do Telleiro


 As actividades comezan ás 17:30 horas coa Festa Infantil

 A partir das 20:30 horas continúan as actividades coa actuación de Aixa Romay e a presentación do Entroido de Samede

 O gran fin de festa chega co Concurso de Disfraces e a degustación de pinchos

O Concello de Paderne presenta a súa programación para este Entroido 2024 cunha principal novidade: o seu día grande pasa o mércores ao luns.

Por iso o vindeiro luns, 12 de febreiro, a Carpa do Telleiro acolle as actividades, pensadas para que todos os veciños e todas as veciñas, sen importar a idade, poidan gozar delas.

A partir das 17:30 horas comeza a Festa Infantil con obradoiros, inchables, concurso con diferentes premios aos mellores disfraces, e mesmo unha merenda para que os pequenos e pequenas pasen unha tarde estupenda.
A partir das 20:30 horas a festa continúa coa actuación de Aixa Romay e a presentación dun dos eventos máis importantes do ano no municipio, como é o Entroido de Samede.

O prato forte da tarde será o Concurso de Disfraces para maiores de 16 anos, con diferentes premios en metálico, que irá acompañado dunha degustación de pinchos para todas as persoas asistentes.
Desde o Concello de Paderne animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a gozar dunha fantástica tarde de Entroido no Telleiro chea de disfraces, música e moita festa.